WOD TRB do 22 de decembro de 2021

Para celebrar o “Día da Saúde” oficioso tanto se nos tocou a lotería como se non, imos facer un dos WODs máis desafiantes de Tenorio Rural Bootcamp: “Bárbara“.

En decembro do ano pasado, para celebrar o aniversario de Bárbara, unha das nosas reclutas fundadoras (aínda que agora se está a tomar un descanso…), adaptamos o célebre WOD de CrossFit “Barbara” e xeramos a nosa propia versión. 💪

Aquelas persoas que xa o fixeran, poden comparar desta vez os resultados. Melloramos dun xeito ou outro, ¿non si? 🎉 Quen non, proba a ver que tal. Sempre é unha ledicia rematalo.

WOD TRB 22.12.2021

5 Rondas por tempo:

20 Vela-pinchacarneiro-salto
30 Remo con goma
40 Abdominais
50 Agachamentos
3 Minutos de descanso

Resultados do ano pasado

A profe botando os fígados facéndoo na casa

Deixar unha resposta