Squat Day

Aproveitando que todas as persoas apuntadas hoxe son practicamente convivintes, desenvolvemos a sesión en Penedique para aprender a usar unha estrutura de agachamentos e dominadas e fixemos o que sería o primeiro día do ciclo de forza coñecido como Smolov jr.

As participantes de hoxe fixeron 6 series de 6 repeticións de agachamentos co peso detrás (back squat) e logo probamos a ver se saían algunhas repes con máis peso.

Bo traballo! 💪

Deixar unha resposta