Reto TRB 2020

Hoxe, a modo de celebración de Nadal e carreira de San Silvestre, un bo número de reclutas de Tenorio Rural Bootcamp e fans reuníronse para correr unha maratón en equipo sumando distancias.

En menos dunha hora conseguimos sumar 74,09 km entre todas as persoas que participamos, e a xornada nos deixou estampas inesquecibles. Aquí publicamos algunhas para a posteridade:

¡Boas festas e feliz 2021! 🎄 ✨

WOD TRB do 23 de decembro de 2020

Preparamos o Nadal cun WOD especial que emula a estrutura da panxoliña anglosaxona “12 Days of Christmas”. 🎄

Lembrade que o domingo 27 faremos unha xuntanza para tentar sumar 42,195 km (a distancia dunha carreira maratón) entre todo o mundo que participe. Haberá agasallos, comida e non se contabilizará como clase consumida dos vosos paquetes de clases. 😊 🏃 👟

WOD TRB 23.12.2020

Especial 12 Días de Nadal

1 Burpee
2 Flexións
3 Abdominais
4 Agachamentos con macuto ou botellas
5 Dislocacións de goma en prono
6 Zancadas cara atrás
7 Jumping Jacks
8 Elevacións de pernas en carpa aberta
9 Saltos ó neumático
10 Torsións rusas con neumático
11 Tríceps con neumático
12 Batidas de neumático