Medidas COVID-19

As nosas actividades son en grupo pero nos comprometemos a respectar as medidas contra a expansión desta enfermidade.

Non podemos ofrecer vestiarios nin aseos de xeito que se poida garantir a distancia interpersoal e a desinfección tras cada uso, pero temos á nosa disposición xel hidroalcohólico, xabón e unha billa de auga para quen precise lavarse ou encher un recipiente para beber.

En caso de extrema necesidade podería usarse o váter da perruquería Barigel, que se desinfectará tras o uso.

Pregamos que colaboredes:

  • Acude só se tes reserva confirmada.
  • Trae a túa propia botella de auga, a túa propia toalla e/ou esterilla e algo para cubrirte ou abrigarte na volta á calma.
  • Mantén a distancia de seguridade (1,5 – 2 metros) con outras persoas en todo momento e a máscara hixiénica posta ata ocupar o teu lugar no recinto.
  • Se tes que tusir ou esbirrar, faino contra a parte interna do cóbado.
  • Queda na casa se notas síntomas antes de vir.

Graciñas.

Espazos abertos de fácil distanciamento