Horarios
No outono de 2020, os grupos principais reúnense os luns, mércores e venres ás 19 e ás 20 horas, pero se poden desenvolver sesións noutros horarios.
Ás veces os sábados pola mañá facemos un adestramento “heroico”, que adoita ser máis arduo ou longo que os habituais.
Prezos
Todos estes prezos inclúen IVE.
Curso intro
Para introducirse no método e os movementos
€
15
(2 sesións)- Recoméndase empezar con esta opción a quen nunca fixera adestramento deste tipo.
- Persoal e intransferible.
- Estas sesións desenvólvense nun horario ou días diferentes ós das sesións regulares.
Bono 5 clases
Para levalo con calma (relativa)
€
35
(7 EUR por sesión)- Equivale máis ou menos a unha sesión por semana nun mes.
- Pódense usar sesións dunha persoa con este bono para invitar a outra persoa.
Bono 10 clases
Para quen empeza a collerlle o gusto
€
65
(6,5 EUR por sesión)- Equivale máis ou menos a dúas sesións por semana nun mes.
- Pódense usar sesións dunha persoa con este bono para invitar a outra persoa.
Bono 15 clases
Para incondicionais
€
90
(6 EUR por sesión)- Equivale máis ou menos a tres sesións por semana nun mes.
- Pódense usar sesións dunha persoa con este bono para invitar a outra persoa.
Bono 20 clases
Para insaciables
€
100
(5 EUR por sesión)- Da para vir tres veces á semana durante un mes enteiro e algo máis.
- Pódense usar sesións dunha persoa con este bono para invitar a outra persoa.
Clase solta
Para quen está de paso
€
8
Con colega
Para vivir a experiencia de vir de paso cunha persoa achegada
€
15
Poden desenvolverse sesións personalizadas puntuais en Tenorio ou na cidade de Pontevedra. Consultar dispoñibilidade. Estas son as propostas actuais:
- A domicilio ou en espazos públicos. Poden unirse convivintes (se o espazo o permite) ata un máximo de 4 persoas. 1-2 persoas: 30 EUR en total. 3-4: 35 EUR en total.
- Sesión personalizada no terreo de Tenorio Rural Bootcamp. Máximo, 7 persoas. 1-4 persoas: 25 EUR en total. 5-7: 30 EUR en total.