A Asociación Deportiva, Cultural, Ecoturística e Entusiasta Tenorio Rural Bootcamp estableceuse en maio de 2023 a partir da empresa Tenorio Rural Bootcamp, que naceu para atender as necesidades de exercicio físico dun grupo de persoas durante a pandemia da COVID-19.
Tenorio Rural Bootcamp é agora unha asociación sen ánimo de lucro con sede na parroquia de San Pedro de Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade, provincia de Pontevedra, comunidade autónoma de Galicia, España.
Está inscrita no Rexistro Central de Asociacións de Galicia co número 2025/27297-1 e o seu CIF é G13866272.
Fins da asociación
Son fins principais da asociación:
- Difundir e facilitar a práctica de exercicio físico, concretamente do chamado adestramento funcional.
- Promover a participación en probas e eventos deportivos.
- Cooperar no mantemento e posta en valor do patrimonio cultural da nosa contorna.
- Impulsar o respecto polo medio ambiente.
- Xerar alternativas de ocio e tempo libre.
- Fomentar o espírito de solidariedade e apoio mutuo entre os membros da asociación entre si e tamén con outros membros da nosa veciñanza.
- Cooperar con entidades públicas e privadas e individuos con valores e intereses similares ós da nosa asociación.
Estatutos
Poden consultarse os estatutos da asociación no seguinte documento: Acta_fundacional_e_Estatutos_Asociacion_Tenorio_Rural_Bootcamp_web.pdf
Asociarse
Se tes interese en axudar a conseguir os fins da asociación e queres formar parte dela, non tes máis que comentalo para que estudemos a túa admisión. Por favor, le os nosos estatutos para comprobar que compartes os nosos valores.
A cota actual son 60 EUR anuais para adultos (pode pagarse mensualmente, trimestralmente ou semestralmente) e gratis para menores de idade.
Os menores de idade entre 14 e 17 anos poden ser membros da asociación autorizados polos seus representantes legais. Os menores de idade de 0 a 13 anos non poden ser socios, pero poden desfrutar das vantaxes de ser membro da asociación se algunha das persoas responsables da súa tutela é socia da asociación.
Métodos de pagamento
Poden facerse os pagamentos vía Bizum, transferencia bancaria ou PayPal:
📲 Bizum: 683602057
🏦 Conta bancaria (ING): ES08 1465 0100 93 17 5540 1707
💸 PayPal: https://paypal.me/tenorioruralbootcamp
Financiamento
As fontes de financiamento da asociación son as cotas dos seus membros e as doazóns de persoas e entidades benfeitoras.
Se queres colaborar cos nosos fins achegando unha doazón, podes facelo a través da nosa páxina de doazóns. ¡Grazas!
Actividades
Próximos eventos
Memoria de actividades
Transparencia
Os nosos ingresos e gastos en 2026
Todas as cantidades exprésanse en euros (EUR €).
| Datas | Concepto | Importe € | Saldo € |
|---|---|---|---|
| 01/01/2026 | Saldo anterior | 1312,95 | |
| 02/01/2026 | Cota anual CMJ | 60,00 | 1372,95 |
| 02/01/2026 | Cota anual AMF e PMQ | 120,00 | 1492,95 |
| 02/01/2026 | Cota anual BMF | 60,00 | 1552,95 |
| 04/01/2026 | Cota anual EFI | 60,00 | 1612,95 |
| 04/01/2026 | Cota semestral PCP e GGM | 60,00 | 1672,95 |
| 04/01/2026 | Cota xaneiro CFG | 5,00 | 1677,95 |
| 09/01/2026 | Cota anual JJJ | 60,00 | 1737,95 |
| 09/01/2026 | Cota anual SMJ | 60,00 | 1797,95 |
| 09/01/2026 | Cota primeiro trimestre NGP | 15,00 | 1812,95 |
| 09/01/2026 | Recibo seguro responsabilidade civil | -175,52 | 1637,43 |
| 10/01/2026 | Cota anual MAF | 60,00 | 1697,43 |
| 24/01/2025 | Doazón CMJ | 502,57 | 2200,00 |
| 24/01/2025 | Cota anual MCJJ | 60,00 | 2260,00 |
| 24/01/2025 | Cota anual PPC | 60,00 | 2320,00 |
| 24/01/2025 | Compra de regoergómetro e caixón | -968,70 | 1351,30 |
Documentos xustificativos
Dispoñibles para quen os solicite.
