Inicio

Somos unha asociación deportiva, ecoturística, cultural e entusiasta.

(Malia a choiva).


A asociación

Tenorio Rural Bootcamp naceu como empresa en 2020 para satisfacer as necesidades de exercitarse de varias persoas durante a pandemia por COVID-19.

En maio de 2023 transformouse en asociación.

Ademais de deporte, facemos excursións, organizamos cursos e charlas e recollemos “basuraleza”.

A sección deportiva

O bootcamp é o núcleo da nosa sección deportiva.

Principalmente, realizamos exercicio físico funcional de alta intensidade en comunidade. Cando é posible, ó aire libre.

Participamos en carreiras populares e de obstáculos, e tamén practicamos sendeirismo, halterofilia, powerlifting e ximnasia.

Adestramos en Tenorio
(Cerdedo-Cotobade, Pontevedra).

Asociarse

Se compartes os valores e os fins da asociación (podes comprobalo nos estatutos), convidámoste a formar parte dela.

Estas son as cotas vixentes:

Adultos
Maiores de idade
60
ó ano
  • Equivale a 5 EUR ó mes.
  • Pode pagarse mensualmente, trimestralmente ou anualmente.
Menores
Entre 14 y 17 años de idade*
0
ó ano
  • * Os menores entre 14 e 17 anos poden ser membros da asociación autorizados polos seus responsables legais. Os menores de 14 años non poden ser socios, pero poden desfrutar das vantaxes de ser membro da asociación se algunha das persoas responsables da súa tutela é socia da asociación.

No noso blog comentamos as novidades, publicamos os nosos adestramentos e anunciamos outras actividades da asociación.

Tenorio Rural Bootcamp
Logotipo Tenorio Rural Bootcamp
Body positive
Información

📩 tenorioruralbootcamp@gmail.com

📲 +34683602057
(WhatspApp / Telegram)