O bootcamp é un tipo de exercicio físico de alta intensidade inspirado no adestramento militar de varias épocas e culturas como, por exemplo, o que se desenvolveu na antiga Esparta ou o da antiga Roma, tamén ós métodos de varios exércitos de Europa no século XIX e os dos marines de Estados Unidos no XX.
A finais dos anos 90 o método empezou a popularizarse máis aló das esferas militares e do eido do deporte profesional.
En Tenorio Rural Bootcamp dámoslle unha volta a ese concepto cun enfoque positivo e inclusivo enfatizando o valor do traballo en comunidade aínda que respectemos o distanciamento interpersonal para evitar a propagación de COVID-19.
Baseámosnos principalmente en exercicios funcionais, é dicir, que poden transferirse á rutina diaria de calquera persoa (agachamentos, empurres, traccións, levantamentos de pesos, etc.).
Pero tamén efectuamos outros movementos que axudan a mellorar a condición física simplemente porque son divertidos de facer unha vez que se dominan ou porque resultan entretidos durante o proceso de aprendelos (equilibrios invertidos, exercicios de flexibilidade, etc.).
Tamén traballamos a preparación para carreiras populares de obstáculos ou OCR (do inglés Obstacle Course Racing).
Cada persoa traballa dentro das súas capacidades, pero con alta intensidade, de xeito que todo o mundo se achega ós seus propios límites coa intención de superalos algún día. É por iso que é normal acelerarse e cansarse moito nestas sesións, ás veces máis mentalmente que fisicamente, pero a adestradora e o grupo estarán aí para animarvos.
Trátase dun tipo de exercicio moi efectivo que reporta múltiples beneficios. É certo que cómpre plantexarse antes de practicalo se é adecuado para a situación de cada persoa, aínda que sempre se poden facer adaptacións a cada caso.
No noso bootcamp
Cada sesión dura aproximadamente unha hora (as sesións de “adestramento heroico”, que adoitan ser os sábados pola mañá, poden ser algo máis longas) e ten esta estructura:
- Quecemento
- Práctica dos movementos que se realizarán na sesión
- O núcleo da sesión: o “exercicio do día” ou WOD (workout of the day)
- Volta á calma
Outros tipos de sesión que impartimos:
- Sesións en inglés
- Sesións específicas para a rapazada entre 7 e 14 anos de idade
- Sesións específicas para @s veteran@s da xeración yé-yé e rockeir@s en activo
Podes consultarnos sen compromiso. Esperamos que te unas a nós. 😊🏃♀️🏃♂️🏃🏼♀️🏃🏿
Actualmente adestrámonos no terreo da Peluquería Barigel, situado en A Torre Vella número 10, 36120 Tenorio, concello de Cerdedo-Cotobade (provincia de Pontevedra, Comunidade Autónoma de Galicia, España).